sábado, 10 de mayo de 2014

A NOITE DO PERDEDOR

Hai noites así, pesadas coma chumbo,
nas que os recordos queiman e as paredes
están cargadas de electricidade estática;
un síntese outsider e o desarraigo
medra polo carné de identidade.
Hai noites así, nas que nada nos ata á cordura,
nas que o cotián é estraño
e cómpre saír buscar a redención das catedrais
nas mans dalgún borracho moribundo.
Hai noites así, que son coma unha coitelada
no medio da fronte, coma gorrións
petiscando a friaxe das sombras.
Un coche derrapa no cruce da avenida
e unha arcada de melancolía azul
parece esperar por nós á beira dos portais
onde os catálogos de abrazos teñen un prezo.
Hai noites así, coma gotas de mercurio,
coma espazos en branco, coma úlceras sangrantes
mentres unha muller baila dentro do cristal das túas bágoas.
En noites coma estas hai que investir en cicatrices,
en amores de contrabando, en alcohol de garrafón,
en astrólogos de madrugada.
Din que convén pisar o inferno
para ser algunha vez merecedores do paraíso.

Do libro "Territorios estraños"

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Todos tivemos noites como esa, de feito a noite está chea de perdedores.

Paz Zeltia dijo...

é lindo percorrer versos xa transitados :)

Jorge Cimadevila dijo...

559Ás veces eu pregúntome se as tres gotas da ambrosía mereceron tanto chumbo... tantas veces presente.

Xa lin o libro, mais non,me provarei de porche as impresions nos q poidas por aqui :)